|
Boas:
Aquí vou comentar as configuracións inciais que lle fago ao apache cando o instalo no meu ubuntu.
Instalo:
apache2, php5, mysql-server, phpmyadmin, php5-mysql
Unha vez instalado.
Activo o uso do cartafol do usuario para elo desde a consola de ordes:
sudo ln -s /etc/apache2/mods-available/userdir* (cont. abaixo)
/etc/apache2/mods-enabled/
Para solucionar o erro:"How to fix Apache - “Could not reliably determine the server’s fully qualified domain name, using 127.0.1.1 for ServerName” Error on Ubuntu"
Vou novamente á consola de ordes e fago o seguinte:
sudo gedit /etc/apache2/httpd.conf
Abrirame o editor de texto e nel escribo:
ServerName localhost
Gardo e saio.
Sen saír do terminal:
sudo /etc/init.d/apache2 restart
Isto reinicia o servidor vendo que agora xa non xera erro algún.
Para que o noso usuario sexa o sitio predeterminado do servidor e non ter que acceder mediante http://localhost/~teu-usuario/ podemos configurar o sitio predeterminado, para elo, accedemos ao ficheiro:
sudo gedit /etc/apache2/sites-available/default
Unha vez aberto mudamos onde poña /var/www por /home/teu-usuario, ollo onde apareza a barra ao final poñémola
no meu caso quedou así:
<VirtualHost *:80>
ServerAdmin webmaster@localhost
DocumentRoot /home/meu-usuario/public_html
<Directory />
Options FollowSymLinks
AllowOverride None
</Directory>
<Directory /home/meu-usuario/public_html/>
Options Indexes FollowSymLinks MultiViews
...
Sen saír do terminal, reiniciamos o apache:
sudo /etc/init.d/apache2 restart |